Imaxe:

Diploma de Antonio Tenreiro Rodríguez

Cronoloxía:
1930

Trátase dun diploma concedido en 1930 ao arquitecto coruñés Antonio Tenreiro Rodríguez (A Coruña, 1893-1972), en calidade de socio honorífico, pola Sociedade Cooperativa de Casas Baratas Concepción Arenal da Coruña para a que Tenreiro realizou estudos e proposta arquitectónicas. 

Ilustrado por Bello Piñeiro á acuarela e tinta, o texto manuscrito do  nomeamento está rodeado por unha orla de motivos mariños como os roleos que parecen ondas do mar, vieiras,  tritóns e motivos vexetais da flora galega entre os que destacan as chorimas que habitualmente usou Bello Piñeiro nas composicións decorativas como é o caso do Casino ferrolán. Esta orla acolle na parte superior central o escudo da cidade da Coruña e nos extremos, a Torre de Hércules e o emblemático edificio da sede do Banco Pastor. Este edificio, deseñado por Tenreiro Rodríguez e Peregrín Estellés segundo as máis innovadoras técnicas e inaugurado en 1925 no Cantón coruñés, foi o primeiro rañaceos de Galicia e de España naquelas datas.

Folla técnica

Número de inventario:
6462
Materia / Soporte:
Pergamiño
Cronoloxía:
1930
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Vexetal
Procedencia:
Doazón de Irmáns Elorza Tenreiro
Medidas:
75x97,5 cm
Técnica:
Mixta
Obxecto:
Cadro