Bello Piñeiro, Felipe

Seijo (El) (Franza)
-
20/03/1886
Seijo (El) (Franza)
-
09/12/1952

Felipe Benito Bello Piñeiro (O Seixo, Mugardos, Ferrol, 1886-1952). Recibe as primeiras leccións de pintura na Escola de Artes e Oficios de Ferrol cos profesores Vicente Díaz González e Eduardo de la Vega, responsable da formación artística da xeración ferrolá da época. Completa a súa formación en Madrid na Escola de Belas Artes de San Fernando. En Madrid relacionouse cos artistas galegos que residían naquel momento na capital: Sotomayor, Lloréns, Asorey, Castelao, Imeldo Corral e Seijo Rubio.

Retorna a Galicia en 1917 instalándose na súa casa natal. Desempeñou unha grande actividade encamiñada a difundir a cultura galega en xeral: escribiu artigos, dirixiu representacións teatrais populares e organizou exposicións. Son importantes os seus traballos de crítica de arte e a súa monografía sobre as cerámicas de Sargadelos como discurso de ingreso na Real Academia de Belas Artes da nosa Señora do Rosario en 1942.

Chegou a fundar en 1927 a Sociedade de Amigos da paisaxe Galega. O Seixo e o súa comarca foron a miúdo o escenario das súas paisaxes neoimpresionistas. O seu interese pola paisaxe está relacionado co coñecemento da pintura realizada no seo da Xeración doente, denominada así polo falecemento temperán dos pintores nados ao redor de 1870, e tamén co descubrimento da pintura dos paisaxistas románticos ingleses.

Na súa evolución, os modos ornamentais do modernismo e a estampa xaponesa formaron parte da admiración con que ilustrará o seu modo de entender a pintura, estes aspectos preséntanse nas decoracións realizadas no Casino de Ferrol cara a 1925, onde utiliza a flora autóctona como tema. 

Obras do/a autor/a