Imaxe:

Estoxo

Autores/as:
Cronoloxía:
1895[ca]-1915[ca]

Estoxo cuadrangular con catro patas en forma de cabeza de  aguilucho que están  embutidas nunha peana de marfil.

No interior contén unha plumilla de ouro encaixada nunha base cuberta de veludo. O estoxo foi un obsequio que Emilia Pardo Bazán recibiu da firma Masriera, unha familia de destacados ourives e xoieiros barceloneses. A tapa está decorada con esmalte pintado no que se representa a Alegoría da Fama cunha figura feminina sentada sostendo unha trompeta e escribindo o nome de E. Pardo Bazán no horizonte para sinalar a súa distinción como escritora.

O esmalte está asinado por Luís Masriera Rosés (1872-1958), pertencente á terceira xeración dos xoieiros barceloneses. No bordo exterior da tapa figuran varios exemplos da obra narrativa de Pardo Bazán: La piedra angular - Los Pazos de Ulloa - San Francisco de  Asís - Una cristiana. 

 

Folla técnica

Número de inventario:
1232
Materia / Soporte:
Metal
Marfil
Ouro
Esmalte
Fibra téxtil
Contexto cultural / Estilo:
Modernismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1895[ca]-1915[ca]
Clasificación:
Ourivaría
Iconografía:
Alegoría
Procedencia:
Asignación. Doazón: Quiroga e Pardo Bazán, María das Neves (28/06/1950)
Historial:

A peza foi un agasallo da Casa Masiera Irmáns a dona Emilia Pardo Bazán e logo foi herdada pola súa filla Mª das Nieves Quiroga e Pardo Bazán (Marquesa Vva. de Cavalcanti) que a doou ao Museo.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1951: Centenario da Condesa de Pardo Bazán. Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. Santiago de Compostela. Xullo- Agosto.

Medidas:
Altura = 3,6 cm; Anchura = 5,6 cm; Profundidade = 3,8 cm
Estoxo: Altura = 2,5 cm; Anchura = 4,8 cm; Profundidade = 2,9 cm
Técnica:
Veludo
Labrado
Esmaltado
Obxecto:
Estoxo