Trátase dunha pequena caixa (Nº 6469a) que contén unhas pinzas (Nºinv 6470) que servían para estirar os dedos das luvas, especialmente os de pel. Esta caixa rectangular de marfil ten decoración tallada nos seus catro lados e na tapa, que se localiza dentro de medallones lobulados nos que se desenvolven unha serie de escenas en miniatura que discorren entre árbores, con personaxes e arquitecturas de inspiración oriental. Na súa parte frontal ten fechadura con chave de metal dourado (Nº 6469b).
Esta caixa se garda á súa vez nun estoxo de madeira (nº6469b) en cuxa parte frontal ten pegado un selo no que está impreso en tinta: YONG HENG / HONG KONG. Yong Heng era un comerciante cantonés que tivo negocios en Hong Kong e Manila e abriu en 1880 un establecemento comercial en Barcelona. Encargouse da representación de China na Exposición Universal de Barcelona de 1888.
A delicada talla do marfil ten as características dos talleres cantoneses de China. Cantón era o principal centro de produción de marfil e de exportación de pezas. A partir do século XIX ao intensificarse as relacións comerciais dos países occidentais con Asia aumentou a chegada dos seus produtos artísticos e a apertura de puntos de venda en diversas cidades occidentais. O gusto polo orientalismo e o exotismo de China e Xapón, característicos do romanticismo, convidaban o coleccionismo de pezas decorativas de Asia Oriental na segunda metade do século XIX e primeiras décadas do XX. Son unha mostra do gusto burgués polos obxectos artísticos orientais. Este coleccionismo viuse favorecido durante a segunda metade do século XIX e primeiras décadas do XX pola celebración de exposicións universais onde a presenza dos pavillóns chineses foron moi populares e tamén pola difusión da cultura oriental a través da prensa europea.