Imaxe:

A éxtase da Madalena

Autores/as:
Cronoloxía:
1585-1600

A figura da Madalena sostida por dous anxos está situada ante o fondo escuro dunha cova na que se abre unha luz no ángulo esquerdo. A imaxe da Magdalena desfalecida nos brazos dos anxos ilustra a lenda que se forxou na Francia medieval segundo a cal, a santa retirouse en soidade durante trinta anos a unha gruta das costas de Provenza á que acudían dous anxos para trasladala ao Paraíso a escoitar os coros celestiais. Este tema foi frecuente na arte dos países católicos do século XVII, no que abundan as representacións de éxtase místico. A faceta da súa vida que máis interesou á Contarreforma católica foi a do seu arrepentimento e penitencia e, como a outros santos penitentes, represéntase nunha cova, vestida austeramente ou cuberta só pola súa longa cabeleira e acompañada dos obxectos de meditación, o crucifixo, un libro de oración e unha caveira que era o símbolo usado para lembrar ao home o carácter fugaz das cousas terreais. Xunto a ela sitúase o vaso de perfumes, en recordo do que usou para unxir os pés de Cristo, o cal foi o seu atributo máis antigo e constante na arte. Considerado como un dos renovadores da pintura da súa época, Aníbal Carracci retrata á figura cunha beleza serena, en consonancia cos postulados da corrente clasicista italiana que recuperaba os ideais do Renacemento e da Antigüidade clásica e da que o pintor sería un dos seus máximos representantes.

No reverso aparece debuxada unha cabeza de perfil, que á súa vez ten debuxada no seu interior outra cabeza, máis pequena e coloreada na meixela. No centro da táboa hai outro pequeno bosquexo de rostro.

Folla técnica

Número de inventario:
249
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1585-1600
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Santos. Penitentes
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

En 1746 figuraba na colección de Filipe V na Granxa, (MARTÍNEZ-BARBEITO, Isabel (1957): Museo Provincial de Bellas Artes de la Coruña. Catálogo, p. 30.)
O lenzo estivo depositado no Concello da Coruña desde o 21-04-1942 ata o 16-08-1946. Por O.M. 19-12-1941.

Ano 1955: Expúxose o 2 de setembro na Cea de gala en honra ao Xefe do Estado no Pazo Municipal. Concello da Coruña
Ano 1958: Expúxose o 6 de setembro na Cea de gala en honra ao Xefe do Estado no Pazo Municipal. Concello da Coruña

Medidas:
Con marco: Altura = 53 cm; Anchura = 44,5 cm; Profundidade = 4,5 cm
Táboa: Altura = 40 cm; Anchura = 31 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro