Imaxe:

Ferrería de Incio

Cronoloxía:
1977

O Incio é un dos lugares de Galicia que foron obxecto dos pinceis de Segura, primeiro nunha paisaxe ao óleo e despois nesta acuarela, que será unha das técnicas que usa nos anos setenta. Os temas das súas acuarelas son paisaxes rurais ou urbanas. A Ferrería de Incio é un conxunto harmónico de ocres, terras, pardos, pero os toques de verdes dos balcóns e as árbores, os amarelos e laranxas, evitan a sensación de monotonía. A mirada que bota o artista sobre esas casas está cargada de emoción interior, captando á súa vez as calidades e texturas desas construcións tradicionais.

Folla técnica

Número de inventario:
5270
Materia / Soporte:
Papel
Cronoloxía:
1977
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Rural
Arquitectura popular
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Papel: Altura = 250 mm; Anchura = 350 mm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Pintura