Imaxe:
Figura feminina
Folla técnica
Número de inventario:
690
Materia / Soporte:
Papel
Clarión
Carboncillo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1870[ca]
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Procedencia:
Asignación. Doazón: Jaspe Moscoso, Emilia (13/08/1947)
Medidas:
Papel: Altura = 210 mm; Anchura = 300 mm
Técnica:
Debuxo
Obxecto:
Debuxo
Estudo do tronco dunha figura feminina, cuberto por un vestido cinguido á cintura, coas mangas recollidas e cunha banda cruzando o peito. Ten os brazos levantados, deles, só o dereito está terminado. Na parte inferior esquerda estudo de dous pés xuntos.
Trataríase dun estudo para unha das bailarinas da Alegoría da Danza pintada para o teito dun dos gabinetes do palacio dos Marqueses de Portugalete, desaparecido durante a Guerra civil. Pertence a un conxunto de debuxos de idéntica factura e carácter, realizado para analizar as figuras pricipais da composición. Aínda que o debuxo non se axusta con precisión ao deseño da acuarela do conxunto, -único testemuño coñecido ata o de agora do aspecto xeral da pintura desaparecida-, debe corresponder pola súa postura frontal a un estudo definido da bailarina situada á dereita do espectador.