Imaxe:
Flores
Folla técnica
Número de inventario:
5252
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1975[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 49 cm; Anchura = 40 cm
Lenzo: Altura = 36 cm; Anchura = 27,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Pintora viguesa formada en Madrid nos anos cincuenta nas clases de Julio Moisés e na Academia de Bellas Artes de San Fernando. A súa pintura é de vocación neofigurativa enlazando coa modernidade das vangardas aínda que soubo imprimir á súa obra un estilo persoal. Abarcou diferentes temáticas, desde as paisaxes ata os temas de nenos ou da ancianidade, pero a súa maior produción cínguese aos bodegóns.
Nesta pintura de flores mostra, mediante unha sinxela composición, unha linguaxe pictórica baseada nas texturas do material e no tratamento da luz, elementos primordiais da súa pintura, plasmados cunha pincelada rápida, xunto co estudo da cor baseada nos verdes agrisados e terras con amarelos, brancos e rosas, elementos que provocan a borrosidad dos perfís.