Imaxe:
Hombre tumbado
Folla técnica
Número de inventario:
5257
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1980[ca]-1985[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 76,1 cm; Anchura = 63,1 cm
Lenzo: Altura = 73 cm; Anchura = 60 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Tanto polo tema representado, como pola técnica empregada, sabemos que se trata dunha obra dos anos setenta, concretamente posterior a 1972, data na que Quessada decide cambiar a firma, engadindo un segundo S. Con esta imaxe, esvaecida e encolleita, denuncia problemas como a incomunicación e a soidade do home, e a ansia pola fuxida duns canons preconcibidos que o atan e o converten nunha máquina. Xunto ao expresionismo da figura que se desfai en virtude da velocidade e o caos emocional, na liña de moitas das interpretacións de Francis Bacon, a xeometría de fondo ten un papel fundamental como organizadora do espazo, creando un escenario indefinido que, dalgunha forma, nos lembra á pintura metafísica.