Imaxe:
Home estrutura
Folla técnica
Número de inventario:
5260
Materia / Soporte:
Lenzo
Pintura acrílica
Contexto cultural / Estilo:
Surrealismo
Cronoloxía:
1974
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 84 cm; Anchura = 68,5 cm
Lenzo: Altura = 81,2 cm; Anchura = 65 cm
Obxecto:
Cadro
Dentro da obra de Alfonso Costa a representación do home e todas as súas accións constitúen un tema fundamental e recorrente; representa á figura humana como unha criatura irreal, máxica, dentro dun mundo onírico, froito da súa imaxinación. Home-estrutura, é unha obra realizada en Barcelona en 1974, que podemos enmarcar dentro da súa cuarta etapa que comezaría cara a ese mesmo ano, dentro dun surrealismo persoal. Nesta obra advírtese a utilización dunha realidade deformada como medio de expresión, a figura irreal co perfil desdobrado, é unha criatura fantástica, froito da dualidade entre o soño e o real, este tipo de seres diferentes e máxicos serán unha constante na súa obra, consolidando unha linguaxe persoal.