Imaxe:

AT III

Cronoloxía:
1997-1998

Terceiro cadro da serie AT (Alma Tadema I-VII), creada entre 1997 e 2001. A modo de secuencia cinematográfica o pintor utiliza un escenario interior con escaleira ao longo da que discorren unha serie de personaxes. A arquitectura mantense en toda a serie como unha presenza importante, configurando un escenario estático no que os personaxes ascenden ou descenden por unha escaleira que adquire o valor do cambio e do paso do tempo, mentres se relacionan segundo un xogo de aparencias impostas pola sociedade. Este escenario preséntase dividido en varios ámbitos: unha zona inferior e unha escaleira que fai de tránsito a unha zona máis alta onde se atopa unha xanela que dá saída ao espazo exterior. As cabezas situadas na balaustrada cambian nalgúns dos cadros. En AT III os personaxes dialogan entre si e todos, excepto un, levan unha máscara, un obxecto entroncado co mundo da escena e un recurso universal de representación simbólica. O pintor utiliza como fonte de inspiración o cadro Adriano en Inglaterra visitando unha olería romano-británica, realizado en 1884 polo pintor holandés afincado en Londres, Sir Lawrence Alma-Tadema.

Folla técnica

Número de inventario:
6403
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Hiperrealismo
Cronoloxía:
1997-1998
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Alegoría
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Fernández, Roberto (27/10/2017)
Medidas:
Profundidade = 3 cm
Con marco: Altura = 164,5 cm; Anchura = 134,5 cm
Lenzo: Altura = 162 cm; Anchura = 132 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro