Imaxe:

Lavandeira

Cronoloxía:
1880

A pintura de realismo social rexeita o exótico e o sentimental da corrente romántica do século XIX. Quere mostrar a vida cotiá da sociedade e con iso dá entrada a temas referidos ao mundo do traballo diario: campesiños, obreiros, emigrantes, lavandeiras ou floristas nos que, en ocasións, móstranse as duras condicións de vida.

A poboación rural trasládase aos núcleos urbanos en desenvolvemento e debe buscar novos medios de subsistencia. Entre as mulleres, dada a escasa formación recibida, un dos empregos máis modestos era a asistencia nas tarefas domésticas.

A escena que pinta Modesto Brocos remítenos ao espazo doméstico e está asinada en Madrid en 1880, na etapa na que volve de París a España para formarse na Academia de Belas Artes de San Fernando. As dúas mulleres están caracterizadas de forma diferente, a vestimenta e a actitude desenfadada da muller sentada contrasta coa figura da lavandeira, apoiada sobre unha táboa de lavar. De pé e resaltada pola luz da ventá, ten o rostro visible e mostra nos seus xestos unha expresión humilde e contida.

Folla técnica

Número de inventario:
3166
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1880
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura. Interiores
Costumista. Tipos populares
Procedencia:
Asignación. Compra.
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano: 1980. Lugar: Vigo. Salas de Exposicións. 19 de Febreiro- 4 Marzo. ´1º Ciclo de Plástica Galega´. Caixa de Aforros Municipal de Vigo./
Ano: 1981. Lugar: A Coruña. "Homenaxe a Pintores Composteláns". Deputación Provincial. Colexio Calvo Sotelo. 15- 31 Agosto./
Ano: 1984. Lugar: A Coruña. Quiosco Alfonso. 21 Xuño- 5 Julio. ´Pintura do século XIX nas Institucións´. Quiosco /
Ano: 1984. Lugar: A Coruña. Quiosco Alfonso, 15 Xuño- 5 Julio. ´Impresionistas galegos´. Concello da Coruña./
Ano: 1997. Lugar: Itinerante (Cambre, Camariñas, Valdoviño, Mugardos, Betanzos e Ferrol). 2-28 setembro 1997. ´Cen anos de mecenato artístico. Pensións e bolsas de viaxe da Deputación da Coruña 1800-1980´. Deputación da Coruña.

Medidas:
Con marco: Altura = 51,4 cm; Anchura = 41,2 cm
Lenzo: Altura = 42,8 cm; Anchura = 32,6 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro