Imaxe:

Lavandeiras

Autores/as:
Cronoloxía:
1967[ca]

No marco das novas vangardas, Colmeiro crea xa nos anos finais da década dos cincuenta unha nova iconografía relacionada cos traballos da muller na vida tradicional campesiña. Un destes traballos son as lavandeiras. Neste cadro están representadas a partir dunha mínima definición nas súas formas, desaparecendo as liñas que anteriormente lles daba volume e inmersas nun espazo que non parece real. Mantén esa conxunción frecuente na súa obra, unha temática de sentido popular tratada segundo novos idearios estéticos. Aquí é a cor o encargado de construír as formas, algo que se acentúa ao prescindir da representación dos trazos do rostro ou os detalles das pezas de roupa. A escena ten como fondo unha paisaxe abstracta, capaz de referenciar a Galicia a través da rica variedade de verdes que parecen rezumar humidade, só interrompidos pola luminosidade dos brancos e os azuis que constrúen o volume das figuras.

Folla técnica

Número de inventario:
5219
Materia / Soporte:
Tablex
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1967[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Figura. Feminina
Costumista. Escena
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 2014: Auga doce, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, 21-03-2014 a 14-09-2014.

Medidas:
Con marco: Altura = 69,2 cm; Anchura = 85 cm; Profundidade = 6 cm
Taboleiro: Altura = 51 cm; Anchura = 65 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro