Imaxe:

María Luisa de Orleáns

Autores/as:
Cronoloxía:
1679

CÍRCULO DE PIERRE MIGNARD

Retrato de dama nova en tres cuartos. Viste un traxe, con adornos de encaixe no escote e a bocamanga, e un manto carmesí. Estende o brazo dereito para coller un caravel dun vaso situado sobre unha mesa. A retratada, María Luisa de Orleáns, sobriña de Luís XIV de Francia, foi reina consorte de España entre os anos 1679 e 1689 polo seu matrimonio con Carlos II. Neste retrato, probablemente pintado con motivo do seu compromiso matrimonial, lógrase a semellanza física co retratada pero non se profunda na súa natureza individual. Trátase dun retrato oficial dun membro da realeza francesa, ao aire libre e seguindo o gusto decorativo e artificioso das composicións alegóricas que introducen accesorios simbólicos como o caravel, que podería significar promesa de matrimonio ou admiración ao consorte. A imaxe reflicte o estilo de Pierre Mignard, un acreditado pintor da corte francesa do século XVII, onde a retratística caracterizouse polas poses refinadas, as siluetas de liñas sinuosas e con predominio da cor que se expresaba nos encaixes e sedas. Unha pintura grandilocuente aínda que matizada pola súa fusión coa vertente clásica do barroco italiano que dá lugar a elegantes estilizacións. Estas características contrastan coas que, na mesma época, expresaban a dignidade non ostentosa do retrato cortesán español: posturas ríxidas, contención expresiva e austeridade cromática.

Folla técnica

Número de inventario:
263
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1679
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Motivos florais
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde Abril de 1942, ata a apertura do Museo, por O. M. 19- 12- 1941.

EXPOSICIÓNS:
Ano 2003: María Luisa de Orleáns, unha raíña efémera, Museo de Belas Artes da Coruña, Nov. 2003-Xaneiro 2004.

Medidas:
Con marco: Altura = 138,5 cm; Anchura = 116,5 cm; Profundidade = 8 cm
Lenzo: Altura = 116 cm; Anchura = 94 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro