Imaxe:

Medalla conmemorativa da defensa do castelo do Morro da Habana (1763)

Cronoloxía:
1763

ANVERSO: LVDOVICO DE VELASCO ET VINCENTIO GONZALEZ. Bustos superpostos de Velasco con casaca e manto e González con vieira de Santiago, cara á dereita. Debaixo, PRIETO

REVERSO:· IN · MORRO · VIT · GLOR · FUNCT. Escena do asalto ao Castelo do Morro, cun fortín explotando e soldados abrindo unha brecha na muralla, ao redor varias naves de guerra e batallóns de soldados en formación. Diante o mar con barcas de remos recollendo persoas que están na auga. En exergo: ARTIVM ACADEMIA / CAROLO REGE CATHOL / ANNVENTE CONS / A · MDCCLXIII.

CANTO: liso.

 

Folla técnica

Número de inventario:
4278
Materia / Soporte:
Prata
Contexto cultural / Estilo:
Idade Moderna. Monarquía Hispánica
Cronoloxía:
1763
Clasificación:
Medallística
Procedencia:
Asignación. Doazón: Blanco-Cicerón Trillo, Herminia (10/01/1993)
Medidas:
Medalla: Diámetro = 49 mm; Peso = 55,75 gr
Técnica:
Cuñaxe
Obxecto:
Medalla