Prieto, Tomás Francisco

Salamanca (m)
-
1716
Madrid (m)
-
1782

Tomás Francisco Prieto (Salamanca, 1716 – Madrid, 1782). Nado en Salamanca en 1716, aprende debuxo, modelado e gravado entre os anos 1731-1737 xunto a Lorenzo de Montemán e  Cusens, gravador siciliano establecido na cidade natal do artista, Salamanca, tras a guerra de Sucesión; ademais, o mestre transmítelle o gusto pola medalla italiana e francesa, algo que influirá na súa obra.

En 1747 gaña a praza de gravador principal da Casa de Moeda de Madrid, onde coincide con Ignacio de Luzán, superintendente da institución, intelectual e precursor da Ilustración en España, que seguramente motivou a participación do artista no movemento intelectual que deu lugar á Real Academia de Bellas Artes de san Fernando, creada en 1752 e da que Tomás Prieto foi nomeado director das disciplinas de gravado en lámina e oco, cando xa era gravador principal das Reais Casas de Moeda. Por iso, recibiu numerosos encargos relacionados con esta institución, como as medallas para os premios adxudicados pola Real Academia nos concursos públicos.

Nomeado gravador de selos en 1754, e gravador da súa maxestade e da súa Real Casa en 1761; o rei Carlos III mandou crear en Madrid unha escola de gravado en 1772, da que pon a Prieto á fronte, como director. Para o ensinanza dos mozos, o artista solicitou para o estudio unha colección de medallas de Luís  XIV, así como baleirados de pedras preciosas antigas, procedentes de Roma.

Tomás Prieto gravou máis de trescentos selos para Carlos III e María Luisa de Parma, ademais de numerosas moedas e medallas, como a que forma parte da colección do Museo de Belas Artes da Coruña.

Obras do/a autor/a