Imaxe:
Medalla conmemorativa da inauguracion do Túnel do Sempione. Milán (1906)
Folla técnica
Número de inventario:
1786
Materia / Soporte:
Aluminio
Cronoloxía:
1906
Clasificación:
Medallística
Procedencia:
Depósito: Escolas Populares Gratuítas (20/02/1951)
Medidas:
Medalla: Diámetro = 47 mm; Peso = 12,23 gr
Técnica:
Cuñaxe
Obxecto:
Medalla
Anverso: INAVGVRAZIONE / DEL SEMPIONE. En primeiro termo un home sentado suxeitando un martelo pneumático, ao fondo, un ferrocarril pasando polo túnel do Sempione. Encima do túnel: 1898/1906. Baixo os pés da figura: JOHNSON, á esquerda, SE (iniciais sobrepostas). No exergo: MI I9803.
Reverso: Entre o escudo de Milán e a vista do acceso ao recinto expositivo, un filacterio no que se le: ESPOSIZIONE INTERNAZIONALE / MILANO 1906
Canto: liso.
Esta medalla conmemora a exposición celebrada en Milán en 1906, exemplo das grandes mostras nadas en Europa a mediados do século XIX. Marcadas pola importancia que se deu en Europa á idea de progreso, as celebradas a principios do século XX mostraban as últimas innovacións tecnolóxicas e a súa aplicacións á sociedade, os avances na industria e o comercio, as artes e a arquitectura. A través dos visitantes e das crónicas ofrecidas pola prensa da época lográbase darlles unha difusión universal.
Como indica o motivo gravado nesta medalla, a Exposición de Milán coincidiu coa inauguración en 1906 do túnel ferroviario transalpino do Sempione, obra de infraestrutura que se iniciara en 1898 e que conectou as cidades de Milán e París e permitiu unha maior accesibilidade aos medios de transporte.