Imaxe:

In Memoriam C.G.N. II

Cronoloxía:
1998

Bodegón composto pola metade dunha peza escultórica branca, un plátano, unha cámara fotográfica e un recipiente con tres pinceis. In Memoriam C. G. N. II (Concha G. Navas) pertence á serie que se inicia coa morte de seu pai en 1990. Os cadros da serie In Memoriam están dedicados a persoas da súa contorna cando falecen, neste caso a pintora Concha Gutiérrez Navas. Forman xeralmente dípticos, de maneira que se poden separar, e se en algún momento as pezas volven  reunirse, recuperaríase simbólicamente a memoria da persoa á está dedicados.

Folla técnica

Número de inventario:
6525
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Hiperrrealismo
Cronoloxía:
1998
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Bodegón
Procedencia:
Doazón de Elvira Álvarez Vega
Medidas:
40x52 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro