Imaxe:
A mesma cousa
Folla técnica
Número de inventario:
5876
Materia / Soporte:
Papel
Tinta
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1952
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Cebreiro do Río, Pilar e Eduardo (17/06/2008)
Historial:
O depositante entregou fotocopia da edición do xornal incluíndo o pé de imaxe. Se garda en cartafol anexo en ficheiro.
Medidas:
Papel: Altura = 348 mm; Anchura = 284 mm
Técnica:
Debuxo
Obxecto:
Debuxo
-VICHES ISE SEÑOR TAN BEN POSTO QUE BAIXOU DO AUTOMOVEL PRA ME MERCAL-O XORNAL? POIS CHEGOU A VILA SEN ZAPATOS.
-E ISO QUE TEN? TAMEN CHEGUEI EU
Nesta escena urbana aparecen representados en primeiro plano dous personaxes conversando na beirarrúa, un de idade avanzada, que porta o xornal El Ideal Gallego, e o outro personaxe que é un neno. Tras eles represéntase o resto da calzada con abundancia de árbores nas súas beirarrúas, por onde circulan coches e un gran número de peóns. Ao fondo unha serie de edificios de varias alturas completan a composición. Debuxo para usar como ilustración nel Ideal Gallego.