Imaxe:
Minerva
Folla técnica
Número de inventario:
166
Materia / Soporte:
Bronce
Contexto cultural / Estilo:
Época galaico-romana
Cronoloxía:
50[ca]-200[ca] (Segunda mitad del siglo I y siglo II)
Clasificación:
Escultura
Procedencia:
Asignación. Compra: Castillo, Ángel del (02/12/1945)
Historial:
EXPOSICIÓNS:
Ano 1990: Os Bronces Romanos en España. Centro Nacional de Exposicións, Palacio de Velázquez, Parque do Retiro. Madrid, 28 de Maio-Xullo
Medidas:
Escultura: Altura = 19 cm; Anchura = 11,6 cm; Profundidade = 6 cm
Técnica:
Fundido á cera perdida
Obxecto:
Escultura
Minerva, a deusa romana da vitoria e da estratexia da guerra, protectora dos artesáns e que encarna a prudencia e a sabedoría, está representada de pé, viste un manto suxeito por unha fíbula e por baixo deste un peplos que a cobre case na súa totalidade. Leva a éxida, unha coiraza que está adornada na parte frontal coa cabeza da Gorgona e na parte posterior con serpes que caen sobre as súas costas. A cabeza vai tocada cun casco rematado nunha esfinxe. Coa man dereita sostén unha pátera, un prato de pouco fondo que se usaba nos ritos relixiosos da Antigüedade. Coa man esquerda suxeitaría unha lanza, hoxe desaparecida. Na Galicia romana, a escultura en bronce está ligada aos gustos da arte oficial. Contén elementos de carácter cultual relacionados con divindades e coa mitoloxía grecorromana. As iconografías, as formas e as decoracións destes exemplares uniformizan esta manifestación artística coa doutras zonas peninsulares e demais provincias do Imperio. Esta escultura de Minerva foi achada cara a 1930 en Ínsua, parroquia de Santa María de Cidadela (Sobrado dos Monxes), un lugar próximo ao campamento romano de Cidadela correspondente á Cohors I Celtiberorum.