Imaxe:
On the move I
Folla técnica
Número de inventario:
5448
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Hiperrealismo
Cronoloxía:
1993
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: González Fernández, Roberto (10/04/2000)
Historial:
Antigo Nº Inv. 5091.
Medidas:
Altura = 122 cm; Anchura = 100 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Primeiro lenzo da serie composta por nove cadros, OTM (On the move I-IX), que conforman unha secuencia na que o autor, que é o protagonista da súa propia obra (autorretrátase), preséntanos o traslado dun cadro dunha habitación a outra do seu estudo a través dunha escaleira interior para atopar unha adecuada perspectiva. Paralelamente, somos testemuñas de todo o proceso creativo, pois o cadro que transporta, pasa de ser unha mancha abstracta a unha imaxe nítida. Este cadro é Holyrood I, a paisaxe de Edimburgo que foi obxecto protagonista dunha serie do mesmo nome e antecesora de On the move. Roberto González realiza así unha inflexión sobre aspectos como o tempo, o movemento, ademais de establecer relacións co cinema e a fotografía. As arquitecturas tamén se manteñen como unha presenza importante, configurando un escenario xeometrizado e estático. Baixo unha particular concepción da representación, a súa obra converteuno nun dos grandes representantes do hiperrealismo pictórico.