Imaxe:
O discurso
Folla técnica
Número de inventario:
6373
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1947[ca]-1948[ca]
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Deputación dá Coruña (30/05/2017)
Historial:
Figurou na Exposición de Pinturas de Isaac Díaz Pardo no Círculo de Belas Artes en Madrid en 1948.
Medidas:
Profundidade = 4 cm
Con marco: Altura = 171 cm; Anchura = 197,5 cm
Lenzo: Altura = 116 cm; Anchura = 196 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Neste lenzo Díaz Pardo, desde o punto de vista estilístico, comeza a abandonar a influencia académica para conectar co ideario plástico renovador e decántase por unha obra cada vez máis personalizada. A representación vai perdendo o clasicismo inicial para conectar coas novas formas da pintura galega deses anos, de aí o carácter cada vez máis primitivo con que están tratados os elementos que a integran. Nesta composición o tema central é a figura humana, recreada en volumes amplos, firmes e fortes, e cun gran protagonismo dun debuxo rotundo, o que contribúe á consecución dunha forma plenamente escultórica na que está presente o recordo da achega plástica dos canteiros galegos. A obra representa a celebración dun mitín, temática que na España dos anos corenta indicaba un certo posicionamento político, máis aínda se consideramos a crecente preocupación social manifestada polo autor, que en ocasións chegaría á denuncia.