O muíño; Muíño da Furada
Folla técnica
EXPOSICIÓNS:
Ano 1919: Figurou co título Muiño da Furada, na Exposición de Arte Galega en Buenos Aires.
Ano 1980: 2º Ciclo de plástica galega. Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Sala da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 14- 31 de Marzo.
Ano 1980: Pintores ferroláns: exposicións, Deputación Provincial da Coruña..
Ano 1984: Pintura do S. XIX nas Institucións, Concello da Coruña. Quiosco Alfonso, 21 Xuño- 5 Julio.
Ano 1985: Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Quiosco Alfonso, 15 Xuño- 5 Julio.
Etiquetas na parte posterior:
Bastidor: Nº 31 - Muíño da Furada
Marco: O muíño / Museo Provincial de Belas Artes de / A Coruña. Selo da Caixa de Aforros Municipal de Vigo
Bastidor: Exposición de Arte Galega en Buenos Aires. Nome e apelidos do expositor: Felipe B. Bello / Piñeiro./ Dirección e residencia: O Seijo / Título da obra: Muiño da Furada.
Vista dun muíño de auga rodeada de frondosa vexetación. Trátase dunha arquitectura de carácter popular con muros de cachotaría e tellado de lousa. A técnica impresionista utilizada logra unha delicada captación do ambiente. O lugar plasmado corresponde aos arredores do domicillio do pintor no Seixo, Mugardos (Ferrol) quen pintou dúas versións máis do mesmo tema e co mesmo título, plasmando o mesmo lugar pero con distinta luz. Este óleo é o que enviou á Exposición de Arte Galega en Buenos Aires de 1919 cuxas referencias aparecen nunha etiqueta da parte posterior do cadro na que figura como título: Muiño da Furada. Titulouse tamén como Muiño do Rato (Exposición Pintores Ferroláns, 1980, p. 101).