Imaxe:

O seminarista

Autores/as:
Cronoloxía:
1910[ca]-1920[ca]

A composición deste lenzo transmite unha imaxe de irrealidade favorecida polo predominio das cores negra e gris. O personaxe, vestido con roupa negra e acompañado dun can recórtase sobre o fondo dunha paisaxe con ceo escuro que lembra o dramatismo dalgunhas obras de Zuloaga. O canon alongado da figura está especialmente acentuado na súa man esquerda, que xunto co rostro aparecen iluminados por unha luz tenue que destaca a súa palidez e reforza a súa expresión melancólica. Estas características remítennos á etapa na que Corredoyra despois de residir en Madrid volve a Galicia e atravesa unha fase persoal de profundo ascetismo e misticismo.

Folla técnica

Número de inventario:
5543
Materia / Soporte:
Lenzo
Autores/as:
Cronoloxía:
1910[ca]-1920[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Animal
Retrato. Masculino
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Consellería de Cultura e Deporte. Xunta de Galicia (13/02/2007)
Medidas:
Con marco: Altura = 106,5 cm; Anchura = 149 cm
Lenzo: Altura = 95,8 cm; Anchura = 138,8 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro