Corredoyra, Xesús

Lugo (l)
-
05/04/1889
Roxos
-
06/12/1939

Xesús Rodríguez  Corredoyra de Castro (Lugo, 1889-Portela de  Roxos, Santiago de Compostela, 1939). Iniciou a súa aprendizaxe en Lugo e en 1901 trasladouse  a Madrid para estudar no taller de Cecilio  Plá. En 1903, ano no que expuxo a súa obra en Lugo, a Deputación de Lugo concedeulle unha bolsa para estudar Bellas Artes na Escuela de San Fernando. En 1906 abandonou o taller de Plá e empezou a estudar no de Sorolla, á vez que iniciou a relación con Ignacio Zuloaga.

Tras contraer matrimonio residiu na Coruña entre 1915 e 1916, instalándose despois en Santiago, na praza de Cervantes, onde establece a súa primeira residencia e o que chegaría a ser o seu taller para sempre. A Compostela da época quedou inmortalizada na súa obra en forma de innumerables retratos, desde artistas e intelectuais a profesionais e empresarios. Despois de iniciarse no realismo na pintura estudando a Velázquez e a Sorolla, abandona o naturalismo meramente imitativo.

Na súa obra, ademais do influxo da pintura de  Zuloaga e de Romero de Torres, hai dúas personalidades decisivas. A primeira é Valle Inclán, quen lle confirma a validez dunha pintura idealista, con suxestións  arcaizantes medievais e prerrafaelistas. A segunda será a do Greco, que lle proporciona unha inspiración museística, que substitúe á de Velázquez e realizar unha obra de contidos universais, o que lle levará a realizar unha pintura baseada na cor española por excelencia, o negro.

Home de profunda relixiosidade, inspirouse en numerosas ocasións nos Salmos bíblicos. Na segunda década do século aborda importantes cadros de iconografía xacobea, época á que pertence o lenzo titulado Las capas de Santa Isabel.

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Los beneficiados (#3399 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Mujer del bocio (#3684 - Cuadro - Lienzo - Pintura al óleo)
  • Pasaje de la huída a Egipto (#3396 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Salmo LXIII (#3398 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3389 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3391 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3392 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3393 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3394 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3395 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3397 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Tras Monte (#3386 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Tras Monte (#3387 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Tras Monte (#3388 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Villancicos aldeanos (#3390 - Dibujo - Papel, Tinta - Debuxo con lapis)