Imaxe:

Paisaje

Autores/as:
Cronoloxía:
1975[ca]

Abelenda é un artista que xeracionalmente forma parte dun grupo de pintores coruñeses de posguerra como José María de Labra, Molezún, Caruncho, Lago Rivera ou Tenreiro, entre outros. As mariñas son un dos temas nos que a recreación de vistas portuarias, dársenas, pobos mariñeiros ou regatas, outórganlle liberdade de mirada e fluidez na execución. É un pintor de materia pictórica densa que o leva a unha factura solta. Esta paisaxe mariña é unha sinfonía de azuis, opacos, con retrincos de verdes, marróns e brancos que dan forma aos barcos. Ceo e mar fúndense nun mesmo plano.

Folla técnica

Número de inventario:
5259
Materia / Soporte:
Lenzo
Autores/as:
Cronoloxía:
1975[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Costa
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 67,5 cm; Anchura = 96,5 cm
Lenzo: Altura = 46 cm; Anchura = 55 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro