Imaxe:
Paisaxe en vermello
Folla técnica
Número de inventario:
5261
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1973
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 50 cm; Anchura = 67 cm
Lenzo: Altura = 37 cm; Anchura = 54 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Unha constante expresiva na plástica de Lodeiro é a utilización de bandas tonais facendo transicións lumínicas desde a maior delicadeza cromática ata o climax da cor. Atopamos nesta obra unha paisaxe dominada polo baleiro e a depuración das formas, onde a luz e a cor parecen ser tratadas desde un punto de vista simbólico. Podería constituír así un anticipo do que fará tras a súa viaxe a Bos Aires en 1974, cando retoma a paisaxe como monotema.