Imaxe:

Paisaxe (Marín)

Autores/as:
Cronoloxía:
1947[ca]

Torres representa unha paisaxe dunha vila mariñeira, probablemente do seu pobo natal, no que recrea as casas e o carácter graduado da contorna. Plasma un pequeno espazo da paisaxe rural galega mediante a solidez das formas volumétricas e xeometrizantes da arquitectura que se acentúan pola distribución dos tons brancos e terras. Estas formas sintéticas dos elementos arquitectónicos fan certa referencia a postulados postimpresionistas e poscubistas. Ademais, inclúe algúns elementos que, máis aló de ser anecdóticos, pretenden achegarse aos costumes do mundo rural, como os tendais de roupa situados nos arredores das vivendas.
 

Folla técnica

Número de inventario:
673
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1947[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura popular
Paisaxe. Rural
Sala:
Procedencia:
Depósito: Deputación da Coruña (30/06/1947)
Historial:

REVERSO: bastidor arriba, lapis: (12); azul: 430. Esq. Etiqueta: 2

EXPOSICIÓNS:
Ano: 1988-1989. A Paisaxe nas coleccións da Deputación da Coruña. Deputación provincial da Coruña. Lugares das Sedes: Carballo, Poboa do Caramiñal, Cedeira, Betanzos. 23 nov-30 ene.

Medidas:
Con marco: Altura = 81,4 cm; Anchura = 59,3 cm; Profundidade = 3,5 cm
Lenzo: Altura = 73,5 cm; Anchura = 50,3 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro