Políptico construído a partir de quince fotografas de idénticas dimensións (110 x 110 cm) que asociadas entre si, producen unha composición que case podería parecernos abstracta, pero que, en realidade, manexa os mesmos elementos a que nos ten afeitos a súa fotografía: animais mortos, manipulados e asociados a outros obxectos cunha clara intencionalidade estética, mentres reflexiona sobre aspectos como os ciclos vitais e o sentido do tempo. O tema da morte é esencial na súa produción artística, dotado de tal carga de melancolia que a súa contemplación resulta moitas veces inquietante. A peza, presentada na Bienal de Venecia no ano 2007, formou parte da exposición titulada Mitoloxías, unha retrospectiva do fotográfo coruñés, Premio Nacional de Fotografía en 2007, que incluía trinta obras realizadas na súa terra natal, e que presentaba un percorrido pola súa visión particular da natureza.