Imaxe:
Pataca
Folla técnica
Número de inventario:
5241
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1973
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 41,3 cm; Anchura = 49,5 cm
Lenzo: Altura = 27,2 cm; Anchura = 35 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Os seus contactos en Francia e España con artistas agrupados ao redor da nova figuración determinan, en gran medida, a volta de Lago a un realismo vinculado ás cousas cotiás e centrado en temas, personaxes e composicións máis afíns ao espectador. Apreciamos que nas súas obras o motivo deixa de ser relevante xa que todos son tratados como un xesto illado, carente de significación concreta. Os obxectos son colocados polo xeral encima dun mantel, neutro de cor, que exerce de nexo entre os primeiros planos e o fondo que está resolto nunha transición tonal, tan discreta, que se confunde entre paisaxe ou interior dunha estancia.