Imaxe:

Paxaro

Autores/as:
Cronoloxía:
1977 (Año de edición)

Estampaxe circular cun paxaro en cor marrón, para ilustrar o álbum Soma de craridades de Alvaro Cunqueiro.

Publicado en Arxentina en 1977 por Edicións Cuco Rei. Este álbum atopa a súa orixe nun primeiro proxecto dos anos trinta, froito da cooperación de Luís Seoane e Álvaro Cunqueiro, quen compila sete poemas baixo o título Soma de Craridades, para ser publicados co álbum de debuxos de Seoane Síntese do Crime. Este álbum será destruído na imprenta Nós en 1936, durante a guerra civil. Froito diso, en 1977, Seoane publica Soma de Craridades en Arxentina, onde se divulgarán os sete poemas de Cunqueiro acompañados de varios debuxos de Seoane, dos anos trinta e cinco gravados dos anos setenta así como unha carta de Santiago Montero Díaz ao debuxante datada en 1932.

 

Folla técnica

Número de inventario:
5105
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1977 (Año de edición)
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Iconografía:
Figura. Animal
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña (10/05/2000)
Historial:

Obra doada por Maruxa Seoane (Viúva de Luís Seoane) á Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña. A Asociación de Amigos realiza un depósito permanente no Museo polo que o legado permanecerá ligado a esta institución e formará parte da súa colección estable.

Medidas:
Papel: Altura = 365 mm; Anchura = 281 mm
Técnica:
Xilografía
Obxecto:
Estampa