Imaxe:

Pola patria (Copia)

Cronoloxía:
1894

Tal como indica a firma do cadro (asinado en Madrid), a obra corresponde á época de aprendizaxe do pintor durante a que estudou nesa cidade baixo o maxisterio de Luís Álvarez Catalá, pintor que foi subdirector do Museo Nacional del Prado e máis tarde director do mesmo entre 1898 e 1901. Como se indica tamén na inscrición trátase dunha copia, neste caso do lenzo titulado Pola patria do pintor Juan Antonio Benlliure e Gil (Valencia, 1860 - Madrid, 1930), que obtivo Segunda Medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1884 e que pertence á colección do Museo Nacional del Prado. Represénta unha escena na que un soldado acode a entregar aos pais o escapulario e o capote militar do seu fillo morto.

Folla técnica

Número de inventario:
6282
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1894
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura. Interiores
Costumista. Escena
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Irmáns Vázquez Soler (2014)
Medidas:
Con marco: Altura = 255 cm; Anchura = 206 cm
Lenzo: Altura = 234 cm; Anchura = 189 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro