Imaxe:
A propósito dunha paisaxe
Folla técnica
Número de inventario:
5138
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1980
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Criado, Felipe (10/05/2000)
Medidas:
Con marco: Altura = 96 cm; Anchura = 96 cm; Profundidade = 4,5 cm
Lenzo: Altura = 92 cm; Anchura = 92 cm
Técnica:
Mixta
Obxecto:
Cadro
Esta paisaxe encaixa co resto das súas paisaxes, composicións nebulosas e veladas, aparentemente sinxelas e impregnadas dun lirismo case impresionista con espazos que adquiren a resonancia da levedad e o impalpable. O espazo desta mariña está impregnado de silencio, de quietude, envolvido nun certo grao de fantasía. Nada se move, non hai barcos, e percibimos os efectos dunha luz difusa que parece nacer do fondo da paisaxe.
As gamas cromáticas redúcense a tonalidades de brancos, azuis e grises, tamizados por unha espesa brétema que dilúe os perfís e crea un escenario ingrávido pero denso.