Imaxe:
Retrato de Camilo José Cela
Folla técnica
Número de inventario:
163
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1945
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Mosquera, Luis (22/09/1945)
Historial:
Doado ao Museo de B.B.A.A. polo autor da obra. Referencia documental en Actas da Real Academia de Belas Artes. Carta de Don LUIS MOSQUERA GÓMEZ do 18 do 3 de 1946 (C.IV).
Posteriormente depositado en Casa-Museo Camilo José Cela (Iria Flavia, Padrón) segundo a Orde Ministerial do 27 de Maio de 1993. O depósito nesta institución levántase por Orde Ministerial do 21 de agosto de 2017.
REVERSO: Etiqueta Nº Tipo: 443. - Marco: En azul: 7815
EXPOSICIÓNS:
Ano 1990: Exposición antolóxica da Real Academia Galega de Belas Artes A nosa Señora do Rosario: 1850-1990. Kiosko Alfonso, A Coruña.
Medidas:
Con marco: Altura = 139 cm; Anchura = 148,7 cm; Profundidade = 8 cm
Lenzo: Altura = 110 cm; Anchura = 120,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Retrato en tres cuartos do literato Camilo José Cela, sentado nunha cadeira cun libro aberto entre as mans. Represéntase novo e elegante, vestido con traxe escuro, gravata e capa marrón sobre os ombreiros. Apoia o cóbado esquerdo sobre unha mesa de madeira onde se situan unha cebola, pan e unha botella, ademais dun libro e unhas cuartillas nas que se pode ler: Camilo José Cela / La Familia de Pascual Duarte. O protagonista fita ao espectador.