Imaxe:

Retrato de D. Agustín Rodríguez Ferreiro

Autores/as:
Cronoloxía:
1872

Retrato de home á altura do peito e de fronte. Viste traxe negro, pescozo branco almidonado e leontina de ouro que colga da chaqueta. Fondo neutro. Formato ovalado.



NOTAS: Na partida de nacemento de Dionisio Ferros dise: Fillo lexitimo e de lexitimo matrimonio de Nicolás Fernández Ferros e de María Álvarez do Valle. Polo que non cabe dúbida de que os apelidos do pintor eran Fernández Ferros (por parte paterna) e Álvarez do Valle (por parte materna). Ignoramos as causas que lle induciron a empregar en todas as ocasións Dionisio Ferros Álvarez, nome co que pasou á historia.

Folla técnica

Número de inventario:
967
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1872
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Asignación. Compra: Quintas Goyanes, Luís (24/03/1949)
Historial:

Foi comprado o 24-III-1949 (Libro de Rexistro) por 3.500 ptas. REVERSO: Marco, arriba, etiqueta (ver expediente).

EXPOSICIÓNS:
Ano 1951: Exposición homenaxe á memoria do ilustre pintor Dionisio Ferros (1827-1894). Museo Provincial de Belas Artes, A Coruña, xullo 1951.
Ano 1973. Lugar: A Coruña, Colexio Calvo Sotelo. 10 agosto-12 ? Setembro. Dionisio Ferros. Deputación Provincial da Coruña.

Medidas:
Con marco: Altura = 98,9 cm; Anchura = 82,3 cm
Lenzo: Altura = 74,8 cm; Anchura = 59 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro