Imaxe:
Retrato de Manolo (Boceto)
Folla técnica
Número de inventario:
5249
Materia / Soporte:
Tablex
Cronoloxía:
1983
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 59 cm; Anchura = 47,8 cm
Taboleiro: Altura = 55,8 cm; Anchura = 44,3 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
González Pascual abordou o retrato de Manuel Santiago Blanco, amigo persoal e gran coleccionista de arte galega nos anos setenta e oitenta. Este retrato de grande austeridade é un apuntamento tomado do modelo nunha tarde de conversa no seu estudo. Repítense as constantes da súa produción dos anos setenta e principios dos oitenta, etapa na que predominaba unha gran carga expresiva acentuada polos efectos tenebristas da luz. A partir dunha execución abocetada, prescinde dos elementos narrativos na procura da penetración psicológica e presenta o modelo illado, destacando sobre un fondo neutro e indefinido. Os contornos esvaécense en favor da expresión do rostro, centrada nos ollos de mirada profunda.