Imaxe:

Retrato de María Rosa Gómez

Cronoloxía:
1970

Este retrato responde as características da proposta estética que González Pascual fai nos anos setenta. A figura recórtase sobre un espazo neutro e sobrio sen referencias espaciais, os ollos están fortemente destacados no rostro e as mans cobran un gran valor expresivo. Os volumes ben definidos e tendentes á esquematización confírenlle monumentalidade á retratada. A pincelada, con toques de gran liberdade e ás veces empastada, axuda a potenciar a presenza da imaxe no espazo.

Durante a súa carreira, González Pascual realizou retratos sobre todo na década dos anos setenta, caracterizados pola captación do mundo interior da persoa retratada sen esquecer a súa aparencia física. Moitos dos seus retratos presentan espazos ou elementos abocetados e os personaxes mostran soidade e certa melancolía.

Folla técnica

Número de inventario:
6466
Materia / Soporte:
Tablex
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1970
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón de María Rosa Gómez González
Medidas:
Con marco: Altura = 127 cm; Anchura = 76 cm
Táboa: Altura = 110 cm; Anchura = 60 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro