Imaxe:

Rocroi

Cronoloxía:
1912[ca]

Escena de carácter histórico na que dous xinetes renden protocolo a un home tendido sobre a terra rodeado polos seus exércitos. Na marxe inferior dereita aparece un tambor-bombo. No centro unha espada e outros utensilios de guerra. Presenta a escena final da batalla, librada os días 18 e 19 de maio de 1643, nas proximidades da cidade francesa de Rocroi: é o desenlace da loita, que sinala o final das glorias militares de España nos Países Baixos e o Norte de Francia. As tropas francesas derrotaron aos terzos españois de Flandres e supuxo o principio do final da hexemonía militar española en Europa. 

As tropas españolas estaban ao mando do gobernador dos Países Baixos, Francisco Melo; as francesas, ao mando do Príncipe Louis Condé. Di a lenda que ante o corpo inerte do Conde de la Fuente, o gran Condé dixo: "se non vencese quixese morrer con tanta honra como o que está aquí caído".

 

Folla técnica

Número de inventario:
3421
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1912[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Bélica
Figura. Animal
Pintura de historia
Procedencia:
Asignación. Doazón: Sanz Vives, Xosefina (02/04/1971)
Historial:

Esta obra foi premiada coa medalla de ouro na Exposición Internacional de Panamá, Conmemorativa do descubrimento do Océano Pacífico (1916).
Na parte posterior do cadro aparece unha etiqueta coa seguinte información: MUSEO PROVINCIAL/ C/ PANADERAS LA CORUÑA/ CUAD. BATALLA DE ROCROI/ DE MORELLI/ EXP. MILITARIA 85.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1912: Primera Exposición de Arte (Pintura, Escultura y Arquitectura), A Coruña, núm. 126
Ano 1916: Exposición Internacional de Panamá
Ano 1982: Militaria 82. Palacio Municipal da Coruña.
Ano 1983- 84: Homenaxe a Pintores Coruñeses. Lugar: A Coruña. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo.
Ano 1984: Pintura do s. XIX nas Institucións. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Alfonso
Ano 1985: Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Alfonso.
Ano 1985: 500 anos de Capitanía en Galicia. Goberno Civil da Coruña.
Ano 1989: Homenaxe ás Forzas Armadas. Casino Sporting Club. A Coruña.

Medidas:
Con marco: Altura = 107 cm; Anchura = 147 cm; Profundidade = 6 cm
Lenzo: Altura = 86,3 cm; Anchura = 125,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro