Imaxe:

Santa Catarina

Autores/as:
Cronoloxía:
1685[ca]-1724[ca]

ATRIBUIDO A BENEDETTO LUTI

Represéntase a figura da santa como unha muller nova, de medio corpo e sentada ante unha mesa lendo un libro. Os episodios máis coñecidos da vida de Catarina de Alexandría foron difundidos por Santiago de la Vorágine na Lenda Dourada no século XIII. Segundo os seus relatos a santa procedía da familia real polo que tradicionalmente foi representada como unha princesa coroada, da que como virtudes destacaban a sabedoría e a castidade. Luti representouna de maneira sobria con roupaxes de inspiración clásica, sostendo un libro entre as mans como símbolo da elocuencia que mostrou ao defender a fe cristiá ante o consello de sabios reunido polo emperador romano para poñela a proba. Preludio do seu suplicio ao que alude a palma situada ao seu lado, un atributo do martirio dos santos.

O modelo que segue está estreitamente relacionado coa pintura florentina da segunda metade do século XVII, como testemuña a Santa Catalina de Carlos Dolci conservada na Residenzgalerie de Salzburgo, fechable cara a 1660-1670, ou a copia desa obra realizada por Onorio Marinari propiedade dos Musei Civici de Monza (inv. 0581, óleo sobre lenzo, 76 x 111 cm). (Datos recollidos na páxina web do Museo del Prado).

Folla técnica

Número de inventario:
253
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1685[ca]-1724[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Santos
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde abril de 1942, ata a apertura do Museo de Belas Artes, por O. M. 19-12-1941.

 

Medidas:
Con marco: Altura = 73,5 cm; Anchura = 88 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 61 cm; Anchura = 76 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro