Imaxe:

Sen título

Autores/as:
Cronoloxía:
1960[ca]

Escena que se desenvolve no recuncho dunha rúa, na que dúas mulleres que transportan encima da súa cabeza un cántaro e un cesto, parecen deterse a conversar cunha terceira. En canto ao tema, atopámonos cun dos que máis se repite na súa obra, a figura da leiteira e o das mulleres campesiñas, que son unha referencia constante como símbolo da identidade galega. Conforma unhas siluetas de aparencia sólida, pero esta concepción escultórica das figuras está lonxe do hieratismo doutras representacións súas, aquí adquire unha cadencia tenue.

Manuel Torres é un dos pintores que introduce en Galicia, na década de 1920 e 30, os valores estéticos dos novos realismos propostos desde as vangardas europeas. A paleta redúcese á gama de negros, terras e grises, destacando especialmente os brancos, que contribúen a modelar as formas. Como acuarelista desenvolveu un oficio rico e depurado. A factura desta obra, a base dunha sutil superposición de finas capas, denota o grao de coñecemento que o artista ten dos diferentes pigmentos e do seu comportamento ante as mesturas.

Folla técnica

Número de inventario:
5369
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1960[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Costumista. Escena
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Bodega Iglesias, José Ramón de la (02/02/2006)
Medidas:
Con marco: Altura = 52,7 cm; Anchura = 43 cm; Profundidade = 3 cm
Papel: Altura = 325 mm; Anchura = 232 mm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Cadro