Imaxe:

Sen título

Cronoloxía:
1985

Tras diferentes etapas e estilos ao longo da súa traxectoria, a partir da década dos setenta volve ás claves expresionistas, ás que hai que engadir a exaltación da natureza. A cor impón sempre o ritmo dos seus lenzos e domina o tema. Nesta obra, os vermellos e carmíns, favoritos na súa paleta, enchen o cadro cunha viveza e forza desbordante. Resolve a escena con sinxeleza: tres cebolas sobre unha tea nun espazo indefinido, que podería ser o chan ou unha mesa. Con todo, o recurso de agrandar os obxectos do primeiro plano e o ambiente cargado de enerxía que crea a intensidade da cor, danlle á obra unha plasticidad fascinante.

Folla técnica

Número de inventario:
5269
Materia / Soporte:
Tablex
Cronoloxía:
1985
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Bodegón
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 63 cm; Anchura = 71,5 cm
Taboleiro: Altura = 46,5 cm; Anchura = 55 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro