Imaxe:

Sen título

Cronoloxía:
1949[ca]-1960[ca]

Vaso con dúas asas, decoración de mantón (manteo), con motivos florais e xeométricos sobre un fondo amarelo.

DATACIÓN: O tipo de vaso e a decoración de mantón é similar á realizada por Carlos Bóveda noutro exemplar. Bóveda traballou na fábrica entre 1949 e 1960.

DECORACIÓN DE MANTEO: Castelao concibe este estilo de decoración baseado no estampado do mantón que forma parte dos traxes populares galegos e portugueses. Trátase dun estampado con base en formas vexetais esquematizadas. Liñas finas curvas delimitan campos de cores planas e outros nos que se reprsenta un motivo floral.

Folla técnica

Número de inventario:
4852
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Cronoloxía:
1949[ca]-1960[ca]
Clasificación:
Cerámica
Iconografía:
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes dá Coruña (12/08/1993)
Medidas:
Altura = 22,5 cm; Diámetro = 16 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Vidrado
Pintado
Cocción
Obxecto:
Vaso