Imaxe:
Sen título (Álbum Imaxens Celtas)
Folla técnica
Número de inventario:
5121
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1977
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña (10/05/2000)
Medidas:
Mancha: Altura = 157 mm; Anchura = 143 mm
Soporte: Anchura = 236 mm; Altura = 256 mm
Técnica:
Xilografía
Obxecto:
Estampa
Estampaxe circular con figura de cabalo con cabeza humana (centauro?) pateando ao xinete, en tinta marrón. Do Álbum Imaxens celtas. Sen número de tirada. Neste álbum de xilografías, Luís Seoane desenvolve unha sorte de retrovisión mítica chegando mesmo á prehistoria. Expon unha mirada persoal, case animista, das formas arcaicas, desde unha linguaxe simbólica, mostrando a intrahistoria das formas. O círculo solar, os petróglifos, as inscricións en baixorelevo das pedras, as espirais, os trísceles, desenvólvense nestas xilografías, como un claro eco do primitivismo ligado ás vangardas.