Imaxe:

Sen título (Álbum Imaxens Celtas)

Autores/as:
Cronoloxía:
1977

Estampaxe circular cunha figura de (animal ?) rexistrada, en tinta marrón. Do Álbum Imaxens celtas. Sen núm. de tirada. Neste álbum de xilografías, Luís Seoane desenvolve unha sorte de retrovisión mítica chegando mesmo á prehistoria. Expoñendo unha mirada persoal, case animista, das formas arcaicas, desde unha linguaxe simbólica, mostrando a intrahistoria das formas. O círculo solar, os petróglifos, as inscricións en baixorelevo das pedras, as espirais, os trísceles, desenvólvense nestas xilografías, como un claro eco do primitivismo ligado ás vangardas.

Folla técnica

Número de inventario:
5116
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1977
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Iconografía:
Figura imaxinaria
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña (10/05/2000)
Medidas:
Mancha: Altura = 155 mm; Anchura = 140 mm
Soporte: Altura = 256 mm; Anchura = 236 mm
Técnica:
Xilografía
Obxecto:
Estampa