Imaxe:

Señora

Autores/as:
Cronoloxía:
1976

Os lenzos de Sucasas nunca abandonan a figuración, aínda que sempre sexa tratada cunha técnica expresionista que o leva á fragmentación do relato pictórico ata confundir os espazos de atmosferas abigarradas co cromatismo dos seres e obxectos que os habitan. O hieratismo desta figura, presente en moitas das súas obras, atribúe unha dimensión estatuaria ou escultórica á representación da muller. Unha luz borrosa, inquietante, que xorde do interior do cadro, tende a desfacer o seu volume que, contrariamente, delimita as liñas enmarcadas do contorno.

Folla técnica

Número de inventario:
5271
Materia / Soporte:
Lenzo
Autores/as:
Cronoloxía:
1976
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 74,4 cm; Anchura = 64 cm
Lenzo: Altura = 61,5 cm; Anchura = 50 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro