Imaxe:
Veleiro
Folla técnica
Número de inventario:
5238
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1976
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 56,6 cm; Anchura = 66 cm
Lenzo: Altura = 46 cm; Anchura = 55 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Desde os anos sesenta, os temas na pintura de Lago non variarán demasiado, entre outros, prefire sutís mariñas inspiradas nas súas estancias estivais na Coruña ou no mar e as montañas de Altea, o seu lugar de residencia. Sempre se trata dunha natureza en calma, un horizonte plano que logra fundirse con outros elementos da composición. O uso de transparencias e veladuras que esvaecen a liña de horizonte queda potenciado polo uso de gradacións e matices cromáticos moi sutís na mesma gama de azuis e grises. Todo parece ocultarse tras unha brétema que simplifica as formas e transmite unha certa sensación poética de atemporalidade que logra facer un tanto irreal o momento.