Imaxe:

Vermeer Revisitado III

Cronoloxía:
1996

Revisión do cadro A leiteira de Vermeer. O espazo ocúpao unha mesa onde se sitúa unha cesta con pans e unha teteira. Todo iso bañado pola luz que provén da xanela situada á esquerda. A man dereita, unhas mans verten o leite nunha cunca de barro. Pertence á serie Vermeer Revisitado (1996-1998), formada por 21 obras, na que o pintor reflexiona sobre a importancia da luz na pintura inspirándose nas composicións dos interiores do pintor Johannes Vermeer.

Folla técnica

Número de inventario:
6526
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Hiperrrealismo
Cronoloxía:
1996
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Bodegón
Procedencia:
Doazón de Elvira Álvarez Vega
Medidas:
38x61 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro