Imaxe:

Vista da Coruña

Autores/as:
Cronoloxía:
1959

Nos anos cincuenta Lugrís realiza unha intensa actividade como muralista tanto na súa cidade natal como noutras cidades galegas ou ben nas súas esporádicas estancias en Madrid. Este mural pintouno na casa madrileña da familia Lugrís-Muñoyerro. Representa unha vista fabulada da cidade co aspecto que idealmente tería no ano 1830. Denota un surrealismo amable e colorista, próximo á estética do naíf. Representa a fachada portuaria da cidade co destaque dos elementos máis representativos: a Torre de Hércules ao fondo en cor rosa, o casco antigo con casas xeométricas de cores, e a baía co illote de santo Antón e a súa contorna con embarcacións variadas. En primeiro plano á dereita unha parella observa a cidade, vestida á moda do século XIX. Elementos propios do universo surrealista de Lugrís, como as nubes ou as copas das árbores, completan a imaxe.

Folla técnica

Número de inventario:
3885
Materia / Soporte:
Xeso
Contexto cultural / Estilo:
Surrealismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1959
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Familia Lugrís Alonso-Muñoyerro (19/02/1991)
Medidas:
Sen marco: Altura = 127 cm; Anchura = 234 cm
Técnica:
Temple
Obxecto:
Mural