Os gravados de Goya
Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
1º, 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato
Duración:
1h
A caprichosa produción de Goya fóra do seu traballo oficial permitiranos coñecer en profundidade a un dos artistas máis destacados da pintura española.
A biografía do artista e o seu contexto político e social, serán plasmados de forma crítica nestas cinco series de gravados (“As Pinturas de Velázquez”, “Os Caprichos”, “Os Desastres da Guerra”, “A Tauromaquia”, Os Disparates”), axudándonos a comprender as orixes da nosa sociedade contemporánea. Aprenderemos ademais sobre a técnica de gravado e como esta favoreceu a difusión e democratización da arte, así coma tamén sobre o carácter moderno e expresionista dun artista adiantado ao seu tempo.