dionisio_tasende.jpg

DIONISIO TASENDE De homes... e mulleres. Fotografías 1955-1979

do 24 de abril ao 29 de xuño de 2014
-
Sala de exposicións temporais
Organiza:
Museo de Belas Artes e CGAI
Catálogo:
Si

A exposición intégrase no marco dunha vía de colaboración establecida dende fai anos entre o Museo de Belas Artes e o CGAI que atopa exemplos en mostras como a de Ruth Matilda Anderson ou a de Schmidt de las Heras, e baseada no desexo común de difundir e dar a coñecer a creación de fotógrafos históricos e contemporáneos, a través das súas obras máis destacadas, recompiladas e analizadas en completos e razoados catálogos, co fin de proporcionarlle ao conxunto da cidadanía un maior coñecemento das artes da imaxe.Polo tanto, respondendo a ese mesmo obxectivo, esta retrospectiva sobre a obra de Dionisio Tasende non só afonda no coñecemento e no estudo da historia da fotografía galega, ao permitir achegarnos a un extenso e representativo catálogo das súas imaxes inéditas, senón tamén supón unha primicia e un acontecemento único no panorama fotográfico nacional e internacional, por tratarse da primeira vez en que se exhibe publicamente a súa obra, facendo por fin xustiza a un dos grandes e máis descoñecidos fotógrafos galegos.CATÁLOGO(información)